miércoles, 17 de octubre de 2012

PLANTILLA DOS MODESTOS

Os xogadores que forman os equipos de modestos son os seguintes:

Anxo (Porteiro). Adestrador do cole e porteiro que estuvo xogando en categorías gallegas na súa época no Conxo. Decidido nas saídas e con boas mans, trataremos de mellorar o seu saque.

Cristian (Carrileiro). Novo no equipo, ven do Zona Vella. Rápido, con boa técnica e moi físico.

Fran (Defensa-Dianteiro). xogador formado nos equipos do clube, moi rápido, pouco técnico pero con moita fortaleza física.

Chema (Defensa). Formado nos equipos do clube, moi temperamental e moi dado a xogar sin presións, ó seu aire.

Polares (Medio). Outro xogador formado no clube que destaca polo seu impetú, o seu traballo e loita. Vai mellorando técnicamente quedalle por pulir a sua situación no campo.

Rafa (Central-Medio). Toda a súa vida no clube, xogador, adestrador, coordinador. Moito temperamento e moi xogador alto e de peso, dotado técnicamente, ten que adaptarse o seu novo rol.

Jaime (Central-Medio). Xogador do clube que pasou unha temporada no Ruanova. Adestrador no cole, bo xogador físicamente que lle vai aportar moito ó equipo durante a tempada.

Jorge (Central). Xogador de sempre do clube, pasou por todas as categorías. Fai apaños en calquera posición. Gran xogador, vai ben de cabeza, cos pes, e moi listo tácticamente. Gran rematador de cabeza en estratexia.

Jano (central). Xogador chegado o ano pasado en xuvenis, Gran presenza física, cando colla sentido táctico será moi difícil de superar.

Peke (medio). Xogador de sempre do clube, gran xogador, todo talento, gran manexo do balón, gran capacidade de pase, gran visión de xogo, pero falto de físico. O día que queira ser, será un gran líder do que queira.

Ferre (Interior-dianteiro). Xogador do cole, moi rápido, gran disparo, moi forte físicamente cando está ben. O único pero é que se vai dos partidos con facilidade. Gran carácter.

Kike (Medio). Xogador que veu o ano pasado para os xuvenís. Moi rápido con bo manexo do balón, tende a facer demasiada conducción a pesar do seu bo disparo.

Cobelo (Medio). Xogador do clube, foi un ano para o Conxo pero voltou para o clube. Moi rápido, sen medio, moi forte pero con pouco resultado de cara o gol. Adaptase a moitas posicións.

Batis (Dianteiro). Xogador con moito físico. Ten moitos problemas polo seu físico, dará moito xogo de espaldas cando logre estar ben.

Pablo Fernández (Dianteiro). Xogador moi traballador, moi disciplinado que non ten moita técnica pero sí moita pelexa, un xogador que nos aportará moito o longo da tempada.

Pablo Moure (Medio). Xogador bo técnicamente, pero que lle costa moito fisicamente. Cando faga as cousas como lle din, dará moito o equipo.

Ademáis de estos, iránse sumando xuvenís as convocatorias para completar o equipo.